xoves, 19 de maio de 2016

O Mestre Mateo e os anciáns

   Fai moitos anos, tantos como quizais a vosa idade multiplicada por cen, había un artista chamado Mestre Mateo, pero non era un mestre de escola, él era un artista e dedicábase a traballar no Camiño de Santiago que ven dende Francia.



   Xa daquela existía o Camiño de Santiago e a xente peregrinaba como fan agora. Este artista, cando chegou a Santiago de Compostela topouse cunha banda de música, pero daquela época, non como as bandas de música que coñecedes hoxe en día. Esta banda estaba formada por 24 anciáns que portaban diferentes instrumentos e un par de redomas, que son como unhas urnas de cristal. Os anciáns vestían de branco mentres ían tocando alegremente pola cidade. 



   Chamoulle tanto a atención ao Mestre Mateo esa banda de música que lles propuxo facer unha escultura sobre eles. Ordenounos por instrumentos e en forma de semi-círculo. 



   Así, colocou os dous anciáns que levaban a Arpa Románica nos postos 8 e 19. Os dous que levaban as Arpas Salterios nos postos 5 e 18. Os Salterios, nos postos 10 e 17. Dous máis levaban Laudes, e decidiu poñelos nos lugares 9 e 20. Os anciáns que levaban as redomas, colocounos nos postos 4 e 21. O resto dos postos, salvo o 12 e 13 que xa estaban gardados dende o principio, colocou aos anciáns que levaban violas (xa foran en forma de oito ou ovais). Eses lugares que quedaban gardados, estaban reservados para dous anciáns moi especiais xa que levaban un instrumento tan importante como bonito, tan curioso como complicado. Ese instrumento era o organistrum. 

Como xa sabedes, o Mestre Mateo ía facer unha escultura pero claro, non ía ter tanto tempo aos pobres anciáns sen moverse, así que os retratou mentres se quedaban o máis quietos posible pero... eran músicos e non podían, xa que se poñían a afinar os instrumentos e a tocar pezas mentres o Mestre Mateo intentaba esculpilos.


 Unha vez rematou, os anciáns puideron marchar e seguir tocando coa súa banda pola cidade e os pobos de Santiago.  
O Mestre Mateo quedou tan contento e fascinado con eles que a súa escultura incluíuse na Catedral de Santiago de Compostela.

mércores, 11 de maio de 2016

A lenda do Mestre Mateo

   
Aínda que agora non o poidamos ver, alí está, oculto tras a fachada da catedral de Santiago de Compostela, o Pórtico da Gloria, onde están representados os 24 anciáns, pero queremos destacar o que se sitúa no Parteluz. 





 É unha columna que divide o Pórtico en dous, onde atopamos a figura do Apóstolo Santiago.







   Fixádevos nas fotos anteriores... que podemos ver?







Agora imos ler sobre lendas antigas estade moi atentos...


A LENDA DO MESTRE MATEO


   Dise que cara o ano 1168, un rei de León veu de visita a Santiago de Compostela e púxose moi moi triste ao ver que a catedral estaba en moi mal estado, que a tiñan descoidada por completo.


   Entre os acompañantes do rei, estaba Mateo, un mestre escultor moi bo no seu traballo, e como o rei sabía que era un gran artista mandoulle esculpir unha nova entrada para a Catedral. 


   Mateo, púxose mans á obra e comezou a pensar como o podía facer para que quedase xenial e para que o rei se puxese moi contento, polo que traballou durante moitísimo tempo... 





20 anos, nada máis e nada menos!


   Cando rematou a construción, o rei deulle a noraboa xa que era un dos mellores traballos que fixera, pero...  
            AI MATEO, MATEO...  Quixécheste facer un selfie!





Si! Pantera Rosa, un autorretrato coma este.



   
Ninguén se fixara pero Mateo esculpírase a si mesmo aos pés do Parteluz, aquela columna que partía o Pórtico en dous, e xusto debaixo do Apóstolo Santiago! 





   Contan que a Mateo lle pasaron dúas cousas malas por este feito.



Primeiro, o ceo enfadouse moito con él por ser vanidoso e castigouno por esculpirse xusto debaixo do Apóstolo Santiago!



Logo, a xente de Santiago de Compostela, como lles gustara tanto o traballo do mestre escultor, pensaron que era unha obra marabillosa e intentaron deixar cego a Mateo para que non puidese repetir unha obra tan fermosa noutro lugar, así soamente Santiago a tería!

   Nenos e nenas! Teño unha misión para vós! 

Agora que coñecemos a pequena lenda sobre o Mestre Mateo, a próxima vez que vaiades de visita a Santiago de Compostela ver a Catedral, mirade buscade o Parteluz e buscade ao Mestre Mateo.

   A pequena figura que chaman Santo dos Croques non é ningún santo, pois é o MESTRE MATEO que quixo permanecer na súa obra para toda a eternidade.


A representación do Mestre Mateo atópase onde sinala o círculo vermello, xusto debaixo do Apóstolo Santiago.




mércores, 27 de abril de 2016

AS FAMILIAS DA CORDA


Que relación teñen os intrumentos de corda fretada que coñecemos hoxe en día co Pórtico da Gloria?


Antes de nada, sabedes cales son os instrumentos de corda fretada?


Os instrumentos de corda fretada son aqueles onde unha variña de madeira con crines de cabalo chamado arco se frota contra ás cordas e sae son. Os catro instrumentos máis importantes que hai hoxe en día de corda frotada son catro, e a continuación vamos a ordenalos por tamaños, do máis pequeniño ao máis grande:
  • O violín, o pequecho da familia
  • A viola, un pelín máis grande que o violín
  • O violonchelo, o mediano
  • O contrabaixo, o máis grande da familia

Se queredes, podemos dicir que o contrabaixo é o irmán maior, o violonchelo é o segundo irmán, a viola a terceira e o violín o pequerrechín.


                                       



INSTRUMENTOS
   FAMILIA

CANTAS CORDAS TEÑEN?
COMO SE TOCAN?
COMO SOAN?

VIOLÍN


Son instrumentos de corda fretada

4

Apóiase no ombreiro.

É o máis pequeno da familia.

Fai soar as notas máis agudas.


VIOLA


Por que?





4

Apóiase no ombreiro.

É moi parecido ao violín pero un pouco máis grande.


Fai soar notas máis graves.


VIOLONCHELO

Porque se tocan fretando as súas cordas cun arco.

4



O músico está sentado apoiando unha pica que ten o violonchelo no chan, de maneira que o músico o poda colocar entre as súas pernas para suxeitalo.

É bastante máis grande que o violín e a viola.

Fai soar notas máis graves que a viola.


CONTRABAIXO

4


Tócase de pé ou apoiado nun taburete.Na parte de abaixo ten unha pica, como o violonchelo, para poder apoialo no chan.

É o máis grande desta familia.

Fai soar as notas máis graves dos catro instrumentos.
























































Como vistes no primeiro conto ..... no Pórtico da Gloria hai uns anciáns representados tocando uns instrumentos que son de época medieval, imos a falar un pouquiño dos instrumentos que pertencen á familia da corda frotada coma os que dixemos antes:




  • viola de brazo (viola de braccio en italiano) é un instrumento que se apoia no peito ou no ombreiro e que se toca frotando un arco contra ás súas cordas. Hai outro tipo que se chama viola da gamba (viola de perna) que se apoia contra ás pernas e se toca tamén frotando un arco contra as cordas. 
  • O organistrum é un instrumento de corda fretada que se empregaba como acompañamento da música relixiosa. 



Dádesvos conta dunha cousa? 


Non vos parece que a viola de brazo é moi parecida a algún dos instrumentos anteriores? 


Pois claro!  Son case iguais! E sabedes por que?

 Pois porque a viola de brazo é a antepasada do violín e da viola! Poderíamos dicir que é coma a súa tatara-tatara-tatara-avoa. Teñen case as mesmas partes, pero para iso, imos a falar un pouquiño das partes dun violín, por exemplo:


  • A cabeciña do violín chámase VOLUTA
  • As catro chaves que se ven baixo a voluta chámanse CLAVIXAS, e serven para afinar o violín, e xúntanse no CLAVIXEIRO que pode ser como un chaveiro onde gardar as chaves.
  • A parte longa e negra por onde se colle chámase MASTIL ou DIAPASÓN, e por riba del van as cordas. 
  • Atopámonos cun anaco de madeira moi finiño que se chama PONTE, que suxeita as cordas para que non choquen co mástil, e por debaixo del pero no interior do violín temos a ALMA, que evita que a tapa do violín se funda na CAIXA DE RESONANCIA, lugar onde se proxecta o son. 
  • Ao lado da ponte, temos uns buratiños na madeira en forma de efes que lle dan o seu nome. Son as EFES, lugar por onde sae o son dende a caixa de resonancia. 
  • Case no final do violín atopamos o CORDAL, lugar onde se suxeitan as cordas.
  • No lado esquerdo podemos ver a BARBADA que é onde o músico vai a apoiar a súa barbilla.
  • Por último, abaixo de todo podemos ver un pequeno circuliño que se chama BOTÓN que serve para suxeitar ben o cordal. 

Neste violín podemos ver que hai máis partes, pero as de arriba son moi importantes.


Agora imos ver os instrumentos de corda pulsada:

Os instrumentos de corda pulsada son aqueles instrumentos nos que debemos pulsar a corda cos dedos para facela vibrar e producir son. 

Algúns exemplos destes instrumentos son:


  • A guitarra
  • A arpa
  • A bandurria

Imos falar un pouco da guitarra...


A guitarra é un instrumento musical de corda pulsada, composto dunha CAIXA de madeira, un MÁSTIL ou DIAPASÓN. Ten un burato no centro da tapa que se chama BOCA para que saia o son, e SEIS CORDAS. Sobre o diapasón van incrustados os TRASTES, que nos permiten diferenciar as notas. 

                                           

Ao igual que cos instrumentos de corda frotada, imos observar que instrumentos de corda pulsada medievais aparecen no Pórtico da Gloria e imos falar un pouquiño deles:
  • laúde é un istrumento de corda pulsada que se apoia no colo, cunha man púlsanse as cordas e coa outra pellizcamos a corda para que saia o son. 
  • cítara, tamén de corda pulsada, sostense nas rodillas ou nunha mesa e pellizcamos as cordas para que saia o son. É semellante ao laúde. 
  • arpa é igual que a cítara pero en función do seu tamaño tócase dunha forma ou doutra. Se fose unha arpa grande, o instrumento apoiarase no chan e tocarase sentado; en cambio se é máis pequena, tocarase apoiada nas pernas.
  • salterio tócase apoiado nas pernas pulsando as cordas cos dedos.


Oh, pero... aquí tamén pasa algo! 

Os dous primeiros instrumentos seméllanse moito a un instrumento actual! Seméllanse á guitarra!

A verdade é que estes dous instrumentos medievais teñen moita relación coa guitarra moderna porque son antepasados dela! 
A guitarra moderna que coñecemos agora é a tatara-tatara-tatara-neta destes instrumentos!
Menuda sorte que o Mestre Mateo decidise representar a estes músicos e aos seus diferentes instrumentos porque así, podemos ver que os instrumentos musicais que coñecemos agora son os tatara-tatara-tatara-netos deses marabillosos instrumentos medievais.

Que investigación máis chula fixemos! 








xoves, 21 de abril de 2016

A CORDA QUE VIBRA




Xa falamos en publicacións anteriores dos cordófonos pero imos definilos....
   
Os cordófonos son instrumentos nos que o son se produce ao poñer en vibración unha ou máis cordas tensadas entre dous puntos fixos.





    Na sala do Pórtico do museo atoparás moitos cordófonos (zanfonas, arpas, pianos...)

    Cando os atopes, non esquezas imaxinar como vibran as súas cordas para facer sons!



mércores, 13 de abril de 2016

ADIVIÑAS

1º ADIVIÑA

NA SALA DO PÓRTICO HAI UNHAS CAIXIÑAS DE MÚSICA AGOCHADAS

ATOPA NO MUSEO ESTAS CAIXIÑAS QUE PERTENCEN A UN SABIO


A vosa misión será atopar estas caixiñas e descubrir a relación que teñen co Pórtico da Gloria.

A seguinte imaxe será a primeira pista. Observade ben o tamaño deste curioso mecanismo.... Onde podería caber?




Agora escoitaremos o seu son . Din as lendas ... que  soa como unha cantiga moi  moi antiga.
Para inspirarnos...... imos escoitala:

Son da caixiña 





Agora que xa vos facedes unha idea do seu tamaño e o seu son ........... Podedes desfrutar deste vídeo o cal mostra unha versión desta cantiga.





Despois de escoitala podédesvos imaxinar como era a música naquela época...

2º ADIVIÑA


24 intérpretes e un espectador

Na sala do Pórtico hai 24 intérpretes, os anciáns..... pero non están sós. 

Tamén hai un espectador. Un espectador que está situado enfrente deles, que os mira e os escoita dende lonxe.

O espectador ten este aspecto... aínda que na seguinte imaxe vaia de camuflaxe.



Sabedes quen é? Senón o recoñecedes toparedes o seu nome e algún instrumento que el creou na SALA DO PÓRTICO no museo.











xoves, 7 de abril de 2016

O organistrum que quixo cambiar

   Houbo unha vez, fai moito tempo, unha casa de músicos na Galiza onde había moitos instrumentos musicaies: o laúd Xesús; a pandeireta Pepa; o peitoque Roque e dous organistrum: Paco e Saleta...

   Os organistrums, inda que facían unhas melodías moi bonitas, sentíanse algo tristes porque cando todos os músicos da cidade se xuntaban para facer unha foliada, ás veces non o levaban... Dicían que pesaba moito, que terían que tocalo entre dúas persoas e que, se non o levaban, poderían dedicarse cada músico a un instrumento...

   Cando ían ás berbenas, Maruxa levaba o pandeiro e Pepe o peitoque, por exemplo. Pero os dous organistrums quedaban na casa.


   Un día de feira, cando Maruxa e Pepe marcharan a vender berzas ao mercado, os instrumentos reuníronse ao redor da lareira para tentar entender por qué os organistrum non saían da casa...

- "Eu penso que é polas miñas cordas", dixo Saleta disgustada.

- "Non pode ser por eso porque eu tamén teño cordas e lévanme", dixo o laúd Xesús.

- "Será polas teclas...", dixo Paco.

- "Eu teño teclas e vou", respondeu o acordeón.

- "Será a manivela?" Dubidaron os organistrums a un tempo...
  
   Houbo un alboroto xeral na cociña...

- "Non! a manivela é o que fai que o voso sonido sexa inconfundible e faga fermosas as vosas melodías.  Eu penso que é polo voso tamaño... os músicos de esta casa prefiren tocar un instrumento cada un" Concluiu a pandeireta Pepa chea de razón.

   Claro que sí! Era eso! entre todos deran co motivo do problema! Para solucionalo, os dous organistrums empequeneceron convertíndose en zanfoñas, coas súas cordas, teclas e manivela. A partir deste momento foron sempre ás foliadas e foron moi felices facendo moitas cancións.


   Pasaron os anos ata que un día, estando nunha berbena, a zanfoña Saleta escoitou una melodía e namorouse dela... Pensou que na súa caixa de resonancia debería gravala e que fora a única melodía que soara nela para sempre.  Así,  Saleta botou fora ás súas teclas porque xa non as necesitaba e quedou convertida para sempre nunha caixiña de música.


Despois desta fermosa historia, tedes que saber que na sala do Pórtico está a caixiña de música na que se convertiu Saleta.